Hoxe estamos de aniversario en Ouvirmos!! Cumprimos nove anos!! E estamos moi moi felices de ter chegado até aquí e de mirar cara ao futuro coa mesma ilusión do primeiro día. En tempos de cambios, queremos apostar máis que nunca e renovar o noso compromiso co patrimonio e coa nosa cultura! Parabéns a todos e todas os que formades parte da comunidade Ouvirmos e contribuídes a facer realidade os nosos proxectos!!