Unha receita para celebrar o San Xoán


Achégase a noite máis máxica do ano. E polo tanto é un bo momento para meterse na cociña e preparar algunha cousa rica para compartir despois con familia e amigos fronte ao lume dunha cacharela. Por iso, queremos ofrecervos unha das receitas do libro de “Sobremesas” da nosa colección de Cociña infantil e familiar: unhas deliciosas e fáciles palmeiras de follado. Só precisades masa de follado e azucre. Aquí vai:

1. Nunha lámina de follado, esparexe abundante azucre.

2. Dobra cada un dos extremos cara ao centro.

3. Esparexe azucre de novo e repite o dobrado.

4. Queda duna forma cilíndrica, corta rodas dun centímetro de grosor.

5. Mete nunha placa de forno, esmaga un pouco e esparexe de novo azucre.

6. Coce 10 minutos a 200 graos centígrados e dálles a volta e fornea outros 3 minutos.

A comer!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies