Celso Emilio en Vigo

Os actos de celebración do centenario de Celso Emilio Ferreiro céntranse esta semana na cidade de Vigo. E o noso punto de información multimedia sobre o poeta celanovés viaxa até alí. Desde hoxe e durante as próximas dúas semanas, a Biblioteca Nodal de Vigo acolle esta mostra interactiva. Non perdades a oportunidade de escoitar a súa propia voz ou de ver a súa máquina de escribir!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies