Abandoned Warehouse, o novo EP dos Dirty Socks

O grupo compostelán Dirty Socks vén de publicar o seu segundo EP, Abandoned Warehouse, autoeditado a través do selo Vir de Ouvirmos. E nós estamos encantados de poder recomendarvos estas promesas da escena galega máis actual. Catro rapaces cuxa media de idade non supera os 21 anos, pero que xa compartiron escenario con bandas da talla de Placebo, The New Puritans, Booker T. & the M.G.’s ou Adam Green. Animávosvos a visitar a súa web, onde poderedes ver o vídeo do seu tema “Lost sense” ou o seu Myspace, que xa supera as 400.000 visitas.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies