Ouvirmos publica a Fotobiografía de Valentín Paz-Andrade, homenaxeado das Letras 2012

Descubre as fotografías do Paz-Andrade encadeado no franquismo, ou do ferido por cinco tiros tras mediar nunha folga na República, publicamos a práctica totalidade do seu albúm privado.

A Fotobiografía, con textos de Miguel Anxo Seixas Seoane, achega unha mirada particular á intensa traxectoria vital do pontevedrés, ilustrada con máis dun cento de fotografías do seu álbum familiar.

O home poliédrico -avogado, poeta, conferenciante, xornalista, político, empresario, etc.- que destacou polo seu compromiso con Galicia queda reflectido a través dos tres capítulos que vertebran a obra e que presentan en orde cornolóxica as instantáneas da súa vida: “1898-1936: Galicia labra a súa imaxe”, “1936-1975: Cen chaves de sombra” e “1975-1987: Sementeira do vento”.

As Fotobiografías de Ouvirmos permiten aproximarnos á literatura a través dun encontro íntimo cos autores e o seu universo literario e persoal.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies