Nicole Kidman e a Coral De Ruada

Nicole Kidman e Clive Owen escoitan a Coral De Ruada. Onde? No telefilme “Hemingway & Gellhorn” que hoxe estrea a prestixiosa cadea estadounidense HBO. O tema “Negra sombra”, interpretado polo coro ourensán e editado por Ouvirmos no disco Escena Coral Galega, foi seleccionado para formar parte da banda sonora desta película, protagonizada por Nicole Kidman e Clive Owen. “Hemingway & Gellhorn” narra a historia de amor do escritor Ernest Hemingway coa que foi a súa terceira muller, a xornalista  Martha Gellhorn, durante os meses que pasaron en España ao comezo da guerra civil. Podedes ver aquí o trailer.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies