Cociña infantil na Feira do Libro de Lugo

Arrinca hoxe a XXX Feira do Libro de Lugo que permanecerá aberta ao público até o domingo día 20 na Praza Maior. Ouvirmos organiza dous novos cursos de cociña infantil dentro da Feira, o domingo día 20 ás 12.30 e ás 17.30, co obxectivo de iniciar os máis pequenos dun xeito divertido e ameno no mundo dos fogóns.

As prazas son limitadas e a inscrición, que inclúe un gorro de cociñeiro e un mandil individual, ten un prezo de 10 euros e pode realizarse na caseta da organización na Feira.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies