“Clarinete e piano”, presentación do triple CD no Consello da Cultura

 

Ouvirmos presenta o triple CD “Clarinete e piano. Antoloxía de compositores galegos” na biblioteca do Consello da Cultura Galega mañá martes 22 ás 12.00 do mediodía. No acto intervirán os intérpretes Alejo Amoedo (piano) e Asterio Leiva (clarinete) e Luis Costa.

“Clarinete e piano” reúne por primeira vez nun mesmo álbum a práctica totalidade da música composta por autores galegos para esta formación camerística. Máis de 160 minutos de música en tres discos con dez obras gravadas por primeira vez e tres composicións exclusivas dos autores Eligio Vila, Margarita Viso e Juan Eiras.

O primeiro CD recolle as obras dos compositores nacidos na primeira metade do século XX, o segundo volume reúne a autores nacidos entre 1957 e 1960, e o terceiro inclúe a obra dos que representan a nova xeración de compositores. Todos eles son figuras sobresaíntes da historia musical de Galicia e exemplos fundamentais dentro do panorama artístico.

“Clarinete e piano” vén así a cubrir un baleiro e saldar unha débeda histórica co patrimonio musical, onde a produción musical galega para estes instrumentos permanecía nun estado de total descoñecemento para a sociedade.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies