Celso Emilio interactivo, xa en Ourense

A mostra interactiva sobre Celso Emilio Ferreiro xa pode visitarse na Casa da Xuventude de Ourense até o 8 de xuño. O punto de información multimedia achega imaxes, poemas musicados, audiovisuais, xogos interactivos e mesmo gravacións sonoras co recitado de Celso Emilio. Xunto coa instalación multimedia, están presentes tamén en Ourense os seus obxectos persoais, entre os que se inclúen unhas lentes, a súa máquina de escribir e unha cámara fotográfica.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies