O Punto Multimedia Celso Emilio Ferreiro pode visitarse xa na Biblioteca nodal da Coruña, onde permanecerá até o próximo día 25 de maio. Unha oportunidade para escoitar a voz do propio Celso Emilio recitando os seus versos ou para descubrir a máquina coa que escribiu moitos dos seus libros.
Unha gran pantalla coa que se poderá interactuar permitirá aos visitantes afondar no universo literario e persoal do autor celanovés.