Ouvirmos na Feira do Libro de Compostela

A colección de Cociña infantil e familiar de Ouvirmos está presente na Feira do Libro que se celebra estes días en Compostela. De forma especial, o próximo sábado día 5, coa organización de dous cursos de cociña infantil ás 12.30 h. e ás 17.30 h. Unha vez máis, nenos e nenas terán a oportunidade de participar nestes obradoiros, nos que aprenderán a preparar orixinais receitas dunha forma fácil e divertida. A cota de inscrición é de 10 euros -inclúe gorro e mandil- e as prazas son limitadas.
A 31 edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela inaugurouse o pásado sábado 28 de abril no Paseo Central da Alameda e permanecerá aberta até o próximo domingo 6 de maio.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies