Manuel Quiroga soará nos Premios Max

O tema de Manuel Quiroga e Marta Leman, “Souvenir para Violin e Piano en Re M”, será unha das músicas que se poderán escoitar na Gala de Entrega dos Premios Max das artes escénicas. Esta peza forma parte do álbum Pontevedra París 1912 editado por Ouvirmos.

A cerimonia terá lugar o próximo luns 30 de abril no Circo Price e será retransmitida por La 2 de TVE a partir das 22.00 horas dese mesmo día. Os Premios Max son organizados anualmente pola Fundación Autor en recoñecemento aos profesionais do sector das artes escénicas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies