Cursos de cociña infantil nas Feiras do Libro

Chega unha nova fornada de cursos de cociña infantil programados nas diversas Feiras do Libro durante os meses de abril, maio, xuño, xullo e agosto.
Os primeiros talleres celebraranse este sábado día 21 na Feira do Libro de Ferrol (Cantón de Molins). En maio, terán lugar o sábado 5 na Feira de Santiago (Alameda) e o sábado 19 na de Lugo (Praza Maior). Os seguintes, o domingo 3 de xuño na Feira do Libro de Ourense (Praza do Bispo Cesáreo), o sábado 7 de xullo na de Vigo (Praza Compostela) e o xoves 9 de agosto na Feira da Coruña (Xardíns de Méndez Núñez).
Todos os obradoiros, que comezarán ás 12.30 e ás 17.30 horas, teñen como obxectivo iniciar os máis pequenos -de 7 a 11 anos de idade- dun xeito divertido e ameno no mundo da cociña.Os alumnos terán así a oportunidade de meter as mans na masa e aprender a elaborar diferentes receitas fáciles e orixinais coas que sorprender a toda a familia.

As prazas para os talleres son limitadas e a inscrición ten un prezo de 10 euros, que inclúe un gorro de cociñeiro, un mandil individual e un libro da colección de Cociña Infantil e Familiar de Ouvirmos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies