Presentamos un produto musical único: “Clarinete e piano. Antoloxía de compositores galegos”. Un triple CD de Asterio Leiva (Clarinete) e Alejo Amoedo Piano) con todas as composicións galegas do século XX para estes instrumentos de autores como Bal y Gay, García-Picos, Rogelio Groba ou Paulino Pereiro, entre outros.
En total, máis de 160 minutos de música, con dez obras gravadas por primeira vez e tres composicións exclusivas dos autores Eligio Vila, Margarita Viso e Juan Eiras.
Este traballo discográfico vén así a saldar unha débeda histórica co noso patrimonio musical ao reunir por primeira vez nun mesmo proxecto a práctica totalidade da música composta por autores galegos para esta formación camerística.