Novas receitas infantís nas librarías

 

“Pastas e Pizzas” e “Menús para festas” son os dous novos volumes da colección de Cociña infantil e familiar que xa se poden atopar nas librarías.
Con “Pastas e Pizzas” revisitamos a gastronomía italiana para presentar orixinais receitas que farán as delicias dos máis pequenos: desde a pizza de Bob Esponxa até unha árbore de pasta ou un sushi feito con macarróns.
O segundo volume, “Menús para festas”, descóbrenos 20 receitas de bebidas e pratos doces e salgados cos que triunfar en todas as festas. Ideas fáciles e creativas que nos permitirán elaborar un pastel de tortillas, un bocata en forma de cempés así como gominolas e nubes caseiras.
Estes dous receitarios únense aos xa publicados anteriormente sobre “Bocadillos e Sándwiches” e “Sobremesas”. En preparación, hai outros seis libros máis que completarán a Colección de cociña infantil e familiar ideada por Ouvirmos e que verán a luz nos próximos meses.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies