Abre a exposición de Celso Emilio

 

 

O Punto de Información Multimedia Celso Emilio Ferreiro inaugurouse este luns, 26 de marzo, na Biblioteca Nodal de Santiago de Compostela. A exposición, que permanecerá alí durante dúas semanas, mestura contidos virtuais con obxectos persoais do escritor celanovés.

O Punto multimedia consta dunha pantalla de 46 pulgadas cun interactivo dinámico baseado no concepto de liña de tempo, que permite coñecer e navegar polo universo literario e persoal do poeta a través de diferentes apartados referidos á súa traxectoria vital, obra, fotografías ou ao son da súa voz.

Xunto a esta pantalla interactiva, hai instalada unha Mesa de luz na que se mostran obxectos persoais de Celso Emilio Ferreiro como as súas gafas, as súas cartas ou a súa máquina de escribir.

O Punto multimedia achegará a figura do poeta celanovés á cidadanía, itinerando durante todo o 2012 -ano en que se conmemora o seu centenario- polas bibliotecas nodais e centros de ensino de Galicia.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies