Os alumnos do Amor de Dios de Vigo participaron no xogo literario “Cen poemas en Celanova”

Os alumnos do C.P.R Amor de Dios de Vigo foron os primeiros en experimentar o xogo literario da campaña “Cen poemas en Celanova”!! Este martes 14 de febreiro visitaron a Casa dos Poetas de Celanova e participaron nesta actividade deseñada por Ouvirmos para a conmemoración do Ano Celso Emilio Ferreiro.

O reto era localizar nos escaparates da vila de Celanova as estrofas do coñecido poema de Celso Emilio Longa noite de pedra e conseguir os cinco selos que o acreditasen.

Todo funcionou moi ben!! Organizados por equipos, e coa axuda dun mapa-guía coa localización dos establecementos participantes na Campaña, os estudantes do Amor de Dios divertíronse moito e resolveron rápido a proba.

Estamos moi satisfeitos coa aceptación que tivo o xogo e animamos a outros colexios a visitar a Casa dos Poetas de Celanova e participar desta especial maneira de achegarse á figura de Celso Emilio Ferreiro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies