Cursos de Cociña Infantil. Comezamos


Neste mes de xaneiro comezamos a nosa programación de Cursos de cociña infantil, que impartiremos ao longo do ano en diferentes lugares. Os primeiros serán no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MACUF) da Coruña, do 14 de xaneiro ao 4 de febreiro.

Cada alumno contará cun gorro de cociñeiro, un mandil individual, e ao final do curso, levará un libro da colección de Cociña Infantil e Familiar de Ouvirmos, que conten 20 receitas fáciles, creativas e divertidas.

Poderán degustar as receitas elaboradas por eles mesmos e levar mostras para a casa. O obxectivo do curso, con participantes de entre 7 e 11 anos, é inicialos dun xeito divertido e ameno no mundo da cociña. Os contidos xirarán ao redor da elaboración de masas e os alumnos aprenderán a traballar diferentes tipos de mesturas para realizar pans, muffins e galletas, que unha vez amasadas, pasarán polo forno.

O profesorado do curso dirixirá e supervisará todo o proceso de elaboración, ao tempo que introducirá nocións básicas sobre a cociña, os ingredientes empregados e as normas de hixiene e manipulación de alimentos.

O curso do MACUF, que se impartirá os sábados 14, 21, 28 de xaneiro e 4 de febreiro, terá unha quenda de mañá, de 12 a 14 horas, e unha de tarde, de 17 a 19 Horas. As prazas están limitadas e a inscrición debe realizarse antes do 11 de xaneiro. Máis información e folla de inscrición aquí.

Para a realización dos Cursos de Cociña Infantil contamos coa colaboración de Gadis, Galletas Daveiga, Convotherm, Jofisa e Manitowoc.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies