Grande éxito da Fotobiografía Sonora de Lorca en Moscú

A presentación da Fotobiografía Sonora de Federico Garcia Lorca en Moscú foi un éxito!

O autor da obra, José Miguel López, estivo na Feira do Libro de Moscu (Non-Fiction 11) o pasado 1 de decembro presentando este Libro-Cd ante unha sala chea de xente e de medios de comunicación rusos, que lle fixeron varias entrevistas para a prensa e a TV moscovita.

Esa mesma tarde repetiu a presentación na Casa dos Arquitectos, nun acto exclusivamente organizado para este fin, no que José Miguel López estivo acompañado pola música do Moscow Piano Duo e da mezzo-soprano Irina Dulzhenko.

A resposta do público nas dúas presentación foi inmellorable, mostrando moito interese pola obra e demostrando que en Rusia teñen un grande coñecemento da figura de Federico García Lorca. Segundo din eles mesmos, “os rusos saben máis de Lorca que de Pushkin”.

Entregáronse exemplares da Fotobiografía Sonora suprimido a Javier García Larrache, conselleiro cultural da Biblioteca da Embaixada de España; a Svetlana Krutova, xefa de relacións internacionais de Radio RTR, para o arquivo documental da emisora; a Ludmila Osipova, organizadora da presentación e redactora da emisora Radio Russia e delegada na Unión Europea en asuntos de música popular; a Natalia Inshakova, directora de produción musical de Radio Orpheus; e a Anatoly Krall, presidente do Rexistro da Casa dos Músicos Rusos de Moscú. Tamén contactamos cun distribuidor interesado nunha posible tradución ao ruso da obra.

Moscú foi a primeira etapa dunha ambiciosa campaña que continuará promovendo a figura de Federico García Lorca polo mundo. Até a próxima!

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies