Desfruta en familia cos libros de “Cociña Infantil e Familiar” de Ouvirmos

Un presente para desfrutar en familia cos pequenos da casa: os libros da nosa Colección de Cociña Infantil e Familiar.

Tu tamén terás que axudar, con eles aprenderedes a converter un ovo nun cogomelo, unha pera nun rato ou a facer muffins e galletas para comer todos xuntos nestas datas.

Estas propostas divertidas e innovadoras forman parte de “Bocadillos e Sándwiches” e “Sobremesas”, o primeiro e segundo volume da colección. Cada un deles inclúe 20 receitas con ingredientes básicos e explicadas paso a paso, con técnicas de cociña moi sinxelas que animarán aos máis pequenos a meter as mans na masa.

O primeiro título da colección, “Bocadillos e Sándwiches“, presenta un total de 20 receitas variadas, desde un pan pizza ou un rolo de sándwich até un cornete de pavo e verduras. Inclúe tamén un texto explicativo sobre un dos ingredientes fundamentais das receitas: o pan. Aborda o seu proceso de elaboración, a súa importancia na nosa alimentación e os diferentes tipos de fariñas e pan.

Sobremesas”, o segundo volume, ensina como preparar un flan de regaliz ao microondas, unhas muffins de chocolate e abelás ou unha ensalada de froitas con camisa de chocolate branco e negro, entre outras moitas opcións doces e divertidas, coas que sorprender a toda a familia. Tamén afonda no mundo dos adozantes, cunha pequena historia do azucre e un amplo abano de adozantes naturais e saudables como o xarope de arce, o concentrado de mazá ou o mel.

Para facilitar a súa comprensión, cada unha das receitas dos libros van acompañadas da fotografía do prato, explicada paso a paso, con indicacións de tempo de elaboración xunto ao seu correspondente grao de dificultade.

Ademais, compleméntanse con consellos prácticos e trucos específicos para cada un dos bocadillos e sobremesas. E xunto ás 20 receitas, cada libro presenta recomendacións para comezar a cociñar e desenvolver con éxito a aventura de adentrarse na cociña.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies