A colección “Cociña infantil e Familiar” seleccionada na categoría de “Mellores receitas sinxelas” na Paris Cookbook Fair 2012

Temos unha boa noticia!! A nosa Colección de Cociña Infantil e Familiar pasou a primeira selección para optar aos “Gourmand Best in the World”, os premios internacionais máis importantes da literatura gastronómica, que se entregan no marco da prestixiosa feira anual Paris Cookbook Fair.

Esta feira é unha reunión internacional de editores gastronómicos con representación de máis de 50 países.

Os libros da colección de Ouvirmos foron elixidos na categoría “Best Easy Recipes” (Mellores receitas sinxelas). O gañador de cada categoría competirá contra os gañadores da mesma categoría doutros países do mundo. O premio fallarase o 6 de marzo de 2012 no Teatro Les Folies Bergère de Paris.

A Colección de Cociña Infantil e Familiar, que terá un total de 10 volumes, conta neste momento con dous editados: “Bocadillos e Sándwiches” e “Sobremesas”. Cada un deles inclúe 20 receitas realizadas con ingredientes básicos e explicadas paso a paso, dunha forma sinxela, con indicacións de tempo de elaboración e o seu correspondente grao de dificultade.

Ademais, compleméntanse con consellos prácticos e trucos específicos para cada un dos bocadillos, e con recomendacións para comezar a cociñar e desenvolver con éxito a aventura de adentrarse na cociña.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies