Soporte Sonoro

Culturgal 2010

Esta exposición mostrou por vez primeira a evolución da gravación sonora en Galicia ao longo do século pasado, dende o fonógrafo e o gramófono que marcaron os orixes da música gravada, ate chegar aos soportes dixitais como o CD.

Particularizando o discurso visual e narrativo nos aparatos reprodutores e nos soportes utilizados, a exposición tentaba mostrar a evolución tecnolóxica neste campo, contextualizar a evolución industrial da musica galega e situar interpretes e cancións destacadas diante dos aparellos reprodutores e soportes de época.

A exposición estruturouse en catro espazos: O Fonógrafo e o Gramófono. Orixes da música gravada (1890-1930), A cinta magnetofónica. Gravación e reprodución amplificada (1925-1990), O microsurco. Gravación e reprodución amplificada (1955-1990) e Tecnoloxía dixital (1980-2000).

En cada un deles integráronse elementos expositivos, cos aparatos e soportes utilizados nas gravacións; soportes sonoros; materiais fotográficos e nomes propios de intérpretes, grupos ou profesionais da música que se apoiaron nestes avances tecnolóxicos como vehículos de promoción.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies