Lois Pereiro. Camiño do futuro libremente

Casa da Cultura de Monforte. Do 1 de abril ao 31 de maio de 2011.

Conceptualización, deseño e produción desta exposición. Un cento de imaxes do álbum familiar deLois Pereiro, a gravación do seu último recital no café Moka e unha selección dos seus poemas musicados formaron parte de “Lois Pereiro. Camiño do futuro libremente”, a mostra que se converteu nun exercicio colectivo de lembranza do poeta.

Tamén se proxectou en continuo o audiovisual “Valle de Lágrimas” de Jorge Demetrio Rodríguez, un filme no que Lois Pereiro actúa como actor e que serve para contextualizar as correntes estéticas da época.

Pero o protagonismo desta exposición foi sobre todo para a relación de Pereiro con Monforte, convidando a todos os monfortinos a participar activamente.

Seis grandes paneis mostraban imaxes colectivas, onde Lois aparecía xunto a monfortinos anónimos que compartiron instantes da súa vida e quedaron inmortalizados nas fotografías. Os visitantes tiñan á súa disposición post-its, onde deixar por escrito o nome das persoas que identificasen, mensaxes e comentarios, que se ían pegados sobre as imaxes. Así, cada unha das achegas dos visitantes foi alimentando e transformando día a día esta exposición en constante construción.

Galería de fotografías propiedade de Rebeca Ces, deseñadora do proxecto expositivo “Lois Pereiro. Camiño do futuro libremente”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies