O traballo de edición realizado para os traballos de restauración e divulgación do patrimonio sonoro, como as coleccións “A Tiracolo”, Fotobiografías sonoras, Itinerários Historico-musicais… ou outras, permitiron localizar en arquivos públicos e privados centos de fotografías.
A criación para o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) desta Fototeca Musical, enfocada como un arquivo virtual de miles de fotografías relacionadas coa música, soluciona o estudo, xestión, catalogación e acceso a este material, anteriormente disperso.
Dixitalizáronse e catalogáronse máis de 2.000 fotografías.