Este fin de semana, Culturgal en Pontevedra

Ouvirmos estará este venres 2, sábado 3, e domingo 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, participando nunha nova edición do Culturgal.

Participaremos no programa de actividades da feira cun divertido curso de cociña infantil e coa presentación de dúas das nosas novidades editoriais: a colección de Cociña Infantil e Familiar e a Guía Didáctica de Instrumentos Galegos. Ademais teremos un stand aberto os tres días no que podedes visitarnos en calquera momento.

Curso de Cociña Infantil. Sábado 3 ás 11.30 h.

Os participantes aprenderán a traballar diferentes mesturas para realizar pan, muffins ou galletas. Ao final da sesión, cada alumnos levará para a casa unha mostra dos produtos cociñados e un libro de cociña. Prazas limitadas.

Presentación da colección Cociña Infantil e Familiar. Sábado 3 ás 13 horas

Presentaremos “Bocadillos e Sándwiches” e “Sobremesas”, os dous primeiros volumes da nosa nova Colección de Cociña Infantil e Familiarcoa presenza dos catro cociñeiros.

Esta colección está composta por 10 libros de receitas que ensinan a preparar pratos fáciles e creativos, especificamente pensados para experimentar en familia.

Presentación da Guía Didáctica de Instrumentos Galegos. Domingo 4 ás 11.30

Co autor da obra, Moisés Quintás, presentaremos este libro-CD que contén unha exhaustiva clasificación e descrición dos instrumentos galegos e as súas partes, coa súa etimoloxía, orixe e evolución.

Trátase dunha excelente e práctica ferramenta de apoio para o coñecemento e ensino da música galega, ilustrada con máis de 100 fotografías e acompañada de 40 pistas de audio con todos os instrumentos. Inclúe ademais unha pista interactiva en formato web con múltiples recursos e un obradoiro para a construción de instrumentos sinxelos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies