Cursos de cociña

Propoñémoste a programación de cursos de cociña infantil para iniciar os máis pequenos na elaboración de receitas fáciles, divertidas e creativas. Os contidos do curso xirarán ao redor da elaboración de masas, e os alumnos terán a oportunidade de participar activamente metendo literalmente as mans na masa e traballando diferentes mesturas para realizar pan, muffins e galletas.

Os cursos están dirixidos a nenos de entre 6 e 10 anos, cun máximo de 25 alumnos por curso. Serán impartidos por un profesor de hostalería e un axudante de cociña e terán unha duración de 1h 30m.

Cada un dos nenos participantes terá o seu gorro e o seu mandil de cociñeiro e ao final da sesión será obsequiado cun exemplar de “Bocadillos e sándwiches”, o primeiro volume da colección Cociña Infantil e Familiar de Ouvirmos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies