2004 Ano da Música

Conceptualización do evento “2004 Ano da Música” para o Concello de Pontevedra con motivo do centenario da gravación do primeiro disco galego. O noso equipo encargouse da creación da marca e logotipo, así como da restauración e reedición dos catro discos históricos de Pontevedra, entre eles, a primeira gravación galega.

A Concellaría de Cultura de Pontevedra recibiu o Premio da Crítica de Galicia no apartado de Música pola programación do 2004 Ano da Música. Polo mesmo motivo, o Concello de Pontevedra compartiu con Ouvirmos o premio Recuncho da palleta-Radio Galega 2004.

A gravación do primeiro disco en Galicia foi un feito histórico que tivo lugar no ano 1904 coa participación do Coro Aires da Terra de Perfecto Feijoo. A iniciativa parte do empresario coruñés Pedro Ferrer, editor da revista Portfolio Galicia, que contrata os servicios da Compañía francesa Gramophone que despraza un vehículo motorizado á Coruña no que se gravan 22 temas do coro.

Para o evento deseñamos, producimos ou editamos:

logotipo conmemorativo

Disco Aires da Terra. 1904

Disco Sociedad Coral polifónica de Pontevedra

Disco Manuel Quiroga & Marta Leman. Vol I

Disco Manuel Quiroga & Marta Leman. Vol II

Obradoiros infantís e xuvenís

Video clip promocional

Banda sonora orixinal

Ciclo Concertos comentados

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies