Lois Pereiro é protagonista dunha instalación multimedia composta por unha pantalla multitáctil de 46”, que presenta un programa interactivo e dinámico sobre a súa vida e obra, e un muro vertical con dúas pantallas incrustadas sobre o que se desplega a liña temporal do poeta.
Tras pasar por Lugo, a mostra pode visitarse agora no IES Río Cabe de Monforte. Posteriormente itinerará polas bibliotecas nodais das principais vilas e IES seleccionados. Para máis información e datas, síguenos en Facebook.
Lorca en Madrid
Ouvirmos estará representada na Feira do Libro de Madrid coa presenza da Fotobiografía Sonora de Federico García Lorca. Desde o día 26 de maio e até a fin da feira, na caseta número 86 da Asociación Galega de Editores (AGE).