O son da Citroën, atractivo turístico

Mapa Sonoro de Vigo

O son da cadea de montaxe en Citroën, do vento na noite das Cíes ou da Procesión da Borriquita forman parte do Mapa Sonoro de Vigo que permitirá descubrir aos turistas a cidade desde unha nova perspectiva. Trátase dun novidoso produto, enmarcado no Plan de Excelencia Turística de Vigo, que desenvolvemos, co soporte técnico de Escoitar, para a Concellería de Turismo da cidade olívica.

Preparar unha visita turística, ambientala coa súa sonoridade, apreciar eses sons e escoitalos preservados da contaminación acústica, constitúen a esencia das aplicacións deste proxecto. O Mapa Sonoro de Vigo contén 40 puntos de escoita con aqueles lugares que forman parte da cotidianeidade e da identidade sonora da cidade. Podes consultalos, escoitalos e reutilizar estes arquivos para calquera fin educativo ou creativo.
Convidámoste a abrir ben os sentidos e a coñecer Vigo mediante a escoita. Boa viaxe!

Síguenos a través de Facebook.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies