Comeza a xira AZOU

O espectáculo musical AZOU, baseado no uso das redes sociais e dirixido a adolescentes, iniciará a súa xira por Galicia o próximo día 19 de novembro no Grove. Este proxecto forma parte do programa Bocaberta 2010-2011 da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Azou

AZOU é unha banda formada por dúas mozas e un mozo, cheos de enerxía e talento, que cantan, bailan e poñen en escena unha proposta que, mestura imaxes, sons e animacións. Ademais, “García” de Dios Ke Te Crew, impartirá en cada localidade, previamente ao espectáculo, un obradoiro de Hip Hop.

Síguenos a través de tuenti, facebook ou flickr e descarga gratuitamente os temas musicais na web de AZOU, onde poderás ver o videoclip promocional e coñecer as datas e localidades dos concertos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies