Xa comezou o +msc 2010

A segunda edición de +msc botou a andar onte en Ourense, onde un total de 21 grupos pasarán, até o 24 de xuño, polos escenarios situados en catro espazos urbanos diferentes.

Máis Música abriu a pasada noite cos concertos da Zona Hip Hop, situada nos exteriores do Pavillón dos Remedios. Actuaron DJ BKR, Big Sugar, Jóvenes Bandidos, DZN, Xbroth, Special Edision, Eny Pimp & Dawe, Kazama, Tit 4 Tat, The Flow Queens, Hook’N’Shake e Mad School Bboy Crew.

Hoxe, martes 22, no palco situado na praza Maior e dedicado ás Músicas do Mundo, intervirán Xestreu, O Neno Elliott e Desh. Será as 22.00 horas.

O mércores 23, será o turno de La Plata, Sin Motivo e Clave de Sol, que actuarán ás 21.30 horas dentro da Zona Pop-Rock da Carballeira.

E o barrio do Couto acollerá o día 24 de xuño a Zona Rock, coa participación de The Electric Tools, Leite de Nai e BesthioveeN, tamén ás 21.30 horas.

+msc é un punto de encontro onde pór iniciativas en común e realizar un intercambio efectivo de ideas e proxectos como paso imprescindíbel para a difusión comercial da música de Ourense.

+info na web de Máis Música

Concerto Zona Hip Hop +msc 2010

Foto: Pablo Araújo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies