Exposición de Álvaro Cunqueiro no Verbum

Álvaro Cunqueiro é protagonista da exposición que acolle o museo Verbum de Vigo desde o 24 de marzo até o 17 de maio. A mostra achéganos o lado máis persoal e íntimo do mindoniense a través dunha selección de obxectos persoais, fotografías do seu álbum familiar e o son da súa propia voz.

Seis áreas temáticas, que percorren diferentes etapas da vida de Cunqueiro, estruturan a exposición que, ademais, conta cun espazo audiovisual e outro sonoro, onde se poderá escoitar a voz do gran fabulador e mais unha selección dos seus poemas musicados por outros artistas.

A exposición está inspirada na Fotobiografía Sonora de Álvaro Cunqueiro, publicación de Ouvirmos que presenta a vida e a obra literaria do mindoniense a través de perto de 200 páxinas, máis de 100 fotografías do seu álbum persoal e dous CD’s que recollen discursos pronunciados por Cunqueiro así como poemas seus musicados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies