Unha nova biografía de Cunqueiro engade a súa voz e as súas fotografías

Autor: Jorge Lamas.
Data: Xoves 3 de decembro de 2009
Publicado en: La Voz de Galicia

A editorial Ouvirmos dedica o cuarto exemplar da súa colección de Fotobiografías Sonoras ao escritor Álvaro Cunqueiro. Trátase dunha obra que presenta dunha forma novidosa a vida e a obra literaria do mindoniense, a través de preto de duascentas páxinas, máis de cen fotografías do seu álbum persoal e dous cedés, que recollen a propia voz de Cunqueiro así como unha escolma dos seus poemas musicados. O traballo foi presentado onte no Verbum-Casa das Palabras, en Vigo, polo fillo do escritor, César Cunqueiro, e mais polos autores da fotobiografía, Rexina R. Vega e César Morán.

César Cunqueiro é o autor do texto de presentación, que introduce a escolma de máis de cen fotografías comentadas por Rexina R. Vega, profesora universitaria experta na obra de Cunqueiro. Acompañan ademais a obra dous cedés, un deles recolle a voz gravada de Cunqueiro en dous discursos e o outro presenta unha selección dos seus poemas musicados, comentados por César Morán, quen ademais asina un artigo titulado A música en Cunqueiro.

Podes ler toda a nova nesta ligazón:
Unha nova biografía de Cunqueiro engade a súa voz e as súas fotografías

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies