Ouvirmos. Premio á mellor iniciativa editorial no ano 2009

A Asociación Galega de Editores (AGE) outorga á colección de Fotobiografías Sonoras de Ouvirmos o Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial do 2009.
boletin_cunqueiro

Con este premio os editores pretenden recoñecer ás empresas que se teñen destacado con novos proxectos de carácter innovador dentro do sector.

O galardón foi entregado no transcurso da V Noite da Edición de Galicia, gala coa que a AGE reúne anualmente ao gremio do libro. O evento, presentado polo xornalista Camilo Franco, celebrouse este sábado 19 no Liceo de Ourense e a el asistiron persoeiros do mundo editorial, da cultura e da política.

As Fotobiografías Sonoras de Ouvirmos preséntanse nun novidoso formato (libro+2CD’s), que ofrece un recorrido visual pola vida dos poetas a través dun amplo conxunto de fotografías seleccionadas e comentadas a partir dos seus álbums familiares. Os dous CD’s que acompañan o libro achegan a propia voz do autor así como unha selección dos seus poemas musicados por grandes artistas. Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Avilés de Taramancos e Álvaro Cunqueiro son os protagonistas dos primeiros catro volumes publicados na colección.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies