Ouvirmos publica a Fotobiografía Sonora de Álvaro Cunqueiro

Ouvirmos dedica o cuarto exemplar (libro+2 CD’s) da colección de Fotobiografías Sonoras ao escritor Álvaro Cunqueiro. Trátase dunha obra que presenta dunha forma novidosa a vida e a obra literaria do mindoniense a través de perto de 200 páxinas, máis de 100 fotografías do seu álbum persoal e dous CD’s que recollen a propia voz de Cunqueiro así como unha selección dos seus poemas musicados.Cunqueiro cos fillos

Percebes, ostras, lampreas… formaban parte do álbum fotográfico do escritor. Xunto ás imaxes coa familia e as amizades, constitúen o groso desta publicación, onde aparecen introducidas por textos de Rexina R. Vega e acompañadas en ocasións por frases textuais do propio Cunqueiro. A música xerada pola obra do mindoniense, comentada por César Morán, constitúe a segunda parte do volume. Un total de doce dos seus poemas musicados por Amancio Prada, Luis Emilio Batallán ou Astarot, entre outros, demostran a transcendencia que o escritor ten e terá na Música Galega.

A presentación oficial da Fotobiografía Sonora de Álvaro Cunqueiro terá lugar no Verbum de Vigo o próximo día 2 de decembro ás 20.30 horas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies