Ouvirmos asistirá ao Womex e ao Bafim

Ouvirmos levará o son galego a dous dos principais mercados profesionais internacionais da música: o Womex, que se celebra en Copenhague do 28 de outubro ao 1 de novembro, e mais o Bafim, que acolle a cidade de Bos Aires do 19 ao 22 de novembro.
womex09

A Orquestra Vigo 430 é a principal aposta de Ouvirmos para esta nova edición do Womex. Alí presentará a composición “Suite Negra Sombra” de Rosa Gayoso, incluída no disco que a Xunta distribuirá na feira de Copenhague para promocionar os artistas galegos.

A asistencia de Ouvirmos ao Womex e ao Bafim permítenos coñecer de primeira man as novidades do sector e as propostas artísticas e culturais para o próximo ano 2010 e, ademais, confirma a presenza dos nosos artistas nestes grandes escaparates mundiais.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies