A marca ‘Máis Música’, da Concellería de Cultura de Ourense, habilitou, durante as festas do Corpus, cinco espazos urbanos dedicados a diferentes estilos musicais: Hip Hop, Dj´s, Músicas do Mundo, Rock & Roll. O obxectivo: dar visibilidade á música emerxente da cidade a través dun proxecto común.
Trátase ademais dunha aposta por descentralizar as festas e implicar os diferentes barrios nas celebracións con concertos que reuniron, exclusivamente, as novas formacións musicais locais.
Zonas +msc
Esta foi a programación do evento que se celebrou en diferentes espazos da cidade o día 23 de xuño:
Na Zona Hip Hop, situada nos exteriores do Pabellón dos Remedios, houbo música a cargo de DJ BKR e interviron Doc Dafer, Eny Pimp, 96ers, a.k.a Waynaldo, DZN, Jóvenes Bandidos e mais El Chico Crema. Tivo lugar tamén unha exhibición de streetdance e de breakdance. Todo entre as 21.00 e as 01.00 horas.
No xardín do Posío, a Zona Dj´s, ofreceu entre as 22.00 e as 01.00 horas as sesións de Isaac Torgal (pop indie), Jaime “Infante Terrible” (fusión) e Johnny Axiom (electrónica).
Na Zona Músicas do Mundo, instalada na praza da Lexión na Carballeira, actuaron, das 22.00 ás 01.00 horas, os grupos Chamuyo Tango, Pescando en Copacabana e La Jumá.
A praza de San Martiño acolleu a Zona Rock & Roll, entre as 21.30 e as 01.00 horas, onde interviron as bandas Os Anais, Prap´s, Bronca, Megapearls e Overher.
Asimesmo, o barrio do Couto celebrou a segunda edición do Rockouto, festival no que competiron un total de oito grupos de rock locais, maioritariamente do propio barrio do Couto. Tivo lugar os días 22 e 23 de xuño na praza da Chave ás 22.00 horas e participaron as formacións No Sense, Dark Rose, Benchara, Kaleya, Clave de Sol, Lazy Minds, Sin Motivo e La Sombra.
Visita a web de Máis Música (+msc)