2004 Ano da Música

Deseño e conceptualización do evento para o Concello de Pontevedra. Creación de logotipo, concepción e producción de diversas actividades.

O 2004 foi o Ano da Música en Pontevedra. O obxectivo foi conmemorar o centenario da gravación do primeiro disco en Galiza, un feito histórico que tivo lugar no ano 1904 coa participación do Coro Aires da Terra de don Perfecto Feijoo. A iniciativa parte do empresario coruñés Pedro Ferrer, editor da revista Portfolio Galicia, que contrata os servicios da Compañía francesa Gramophone que despraza un vehículo motorizado á Coruña no que se gravan 22 temas do coro.

Deseñamos, producimos ou editamos:

logotipo conmemorativo

Disco Aires da Terra. 1904

Disco Sociedad Coral polifónica de Pontevedra

Disco Manuel Quiroga & Marta Leman. Vol I

Disco Manuel Quiroga & Marta Leman. Vol II

Obradoiros infantís e xuvenís

Video clip promocional

Banda sonora orixinal

Ciclo Concertos comentados

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies