Ouvirmos descubrirá a música dos condes de Lemos nunha nova guía

Autor: Jaureguizar.
Data: Xoves 4 de Decembro de 2008
Publicado en: El Progreso

  • O selo sarriao edita a semana vindeira un itinerario histórico musical dedicado a Monforte
  • O director, Xosé Aldea, presentou onte o correspondente a Lugo, coa catedral como centro

O director de Ouvirmos, Xosé Aldea, anunciou onte que o selo sarriao quitará a semana que vén un itinerario histórico musical dedicado a Monforte de Lemos no que revelarán «a importancia da capela musical dos condes de Lemos, que está por descubrir». A corte dos Castro monfortinos «estaba chea de artistas e músicos porque eles exercían o mecenado». Nesa corte mandaba a música italiana «porque eles viaxaban moito por Europa e estaban en contacto permanente con Nápoles e coa música de Italia».

Xosé Aldea desvela que a nova guía recupera un tema dedicado aos condes de Lemos baixo o nome de ‘La Morenigna’, que acompañará, xunto con outros temas, os textos de Fernando Reyes, que se ocupa da parte histórica, e de Luís Fernández Guitián, quen conta a historia da música e do patrimonio monfortinos correspodente aos séculos XIX e XX.

A maiores, están pendentes de publicar os itinerarios referidos a Santiago, Betanzos, Tui, A Coruña, Ribadavia e Ferrol. Apareceron xa os que trataban de Pontevedra, Celanova, Rianxo, Mondoñedo, Vigo e Ourense.

Podes ler toda a nova no arquivo:
Ouvirmos descubrirá a música dos condes de Lemos nunha nova guí­a
Anuncio da Presentación

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies