O Verbum acolle unha mostra sobre Celso Emilio

Autor: Redacción
Data: 8 de Outubro de 2008
Publicado en: A Nosa Terra

Até o 30 de novembro o museo Verbum de Vigo acolle unha exposición dedicada á figura do escritor Celso Emilio Ferreiro. Este venres, celebrarase ademais unha mesa redonda sobre a etapa viguesa do poeta celanovés na que participarán Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro e fillo do poeta, Ramón Nicolás, autor da ‘Fotobiografía sonora’, e José M. Aldea, director executivo de Ouvirmos.

A mostra presenta a vida e obra do poeta de Celanova mediante paneis informativos que repasan a través de textos e imaxes a súa traxectoria vital dende a súa vila natal até Madrid, pasando pola guerra en Asturias e o exilio en Caracas. Ademais, dúas vitrinas exhiben ao público un conxunto de obxectos persoais pertencentes a Celso Emilio.

Proxección audiovisual

Dentro da mostra proxéctase un audiovisual realizado con imaxes e músicas extraidas da obra Fotobiografía Sonora de Celso Emilio Ferreiro. Este libro cd, editado por Ouvirmos, aproxímase ao autor a través de máis de cen fotografías do seu álbum familiar e de dous compactos nos que se recolle a propia voz do poeta, así como unha escolma dos seus poemas musicados.

Mesa redonda

O museo acolle ademais como actividade paralela a mesa redonda ‘Celso Emilio Ferreiro na súa etapa viguesa (1950-1966), na que se aboradarán os tres lustros que o autor residiu na cidade olívica, onde escribiu obras fundamentais como O soño sulagado e Longa noite de pedra. No coloquio intervirán Luís Ferreiro, presidente da fundación Celso Emilio Ferreiro e fillo do poeta, Ramón Nicolás, autor da Fotobiografía Sonora de Celso Emilio Ferreiro, e José M. Aldea, director executivo de Ouvirmos.

Descargar o PDF

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies