Lugo: itinerario sonoro a carón das pedras milenarias

O Orfeón Lucense, nace en 1879 da man do mestre Montes
O Orfeón Lucense, nace en 1879 da man do mestre Montes

Lugo será a próxima parada de Ouvirmos no seu percorrido pola historia musical das vilas e cidades.

Este itinerario guíanos pola cidade de Xoán Montes, que acadou a inmortalidade como autor da partitura Negra sombra. Unha viaxe pola riqueza do patrimonio artístico lucense: a muralla, a catedral ou a capela da Virxe dos Ollos Grandes, entre outras, na que descubrirás a música dende o Imperio Romano até a actualidade.

Este libro-disco fai o número sete da colección “Itinerarios histórico musicais” despois de Pontevedra, Celanova, Rianxo, Mondoñedo, Vigo e Ourense, están todos dispoñíbeis na nosa web.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies