Celso Emilio Ferreiro no Verbum

Celso Emilio Ferreiro, Camilo José Cela e Xose María �lvarez Blázquez

O museo Verbum de Vigo albergará un espazo adicado á figura do escritor Celso Emilio Ferreiro durante os vindeiros meses de outubro e novembro.

O material recompilado na Fotobiografía Sonora de Celso Emilio Ferreiro centrará a mostra organizada por Ouvirmos, na que se exhibirán imaxes, textos e obxectos persoais de Celso Emilio.

O día 10 de outubro terá lugar un coloquio no Verbum en torno á etapa viguesa do autor. Intervirán entre outros Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro e fillo do poeta, xunto a Ramón Nicolás, co-autor da Fotobiografía Sonora do celanovés.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies