“Sóache Galicia”. As visitas musicais do verán galego

Soache Galicia

A campaña “Sóache Galicia” estreou este verán unha nova forma de coñecer o patrimonio: a visita musical. Durante os meses de xullo e agosto, Celanova, Rianxo, Mondoñedo e Pontevedra ofreceron a veciños e visitantes este orixinal servizo.

As catro localidades puxeron a disposición do público audioguías gratuítas en MP3 con explicacións en galego, castelán e inglés dos enclaves máis destacados do seu patrimonio artístico e musical.

Sóache Galicia” é un proxecto de Ouvirmos para a Dirección Xeral de Trismo, e conta coa colaboración dos Concellos implicados nesta promoción.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies