Audioguías en mp3 para coñecer Galiza

Publicado en: www.anosaterra.org
REDACCIÓN

A Dirección Xeral de Turismo e a editora Ouvirmos veñen de poñer en marcha a campaña Sóache Galicia, que propón un novo xeito de facer turismo. Trátase dun servizo gratuíto de autoguías que permitirán ao visitante percorrer e coñecer os cascos histórico de Celanova, Mondoñedo, Rianxo e Pontevedra dende o punto de vista do patrimonio musical.Sóache Galicia ofrece para todos os públicos un paseo polos feitos musicais da cidade, un itinerario para a descuberta do patrimonio artístico musical de cada localidade. As autoguías materialízanse nun reprodutor de mp3 que o visitante empregará xunto cun plano sinalizado dos monumentos e puntos a visitar.

Intercaladas coas explicacións, incorpóranse cancións ilustrativas que completan os datos de carácter histórico e cultural. As guías pódense retirar as guías nas oficinas de información turística.

Celanova, o Mosteiro e os poetas

A proposta de visita a Celanova inclúe o Mosteiro e a igrexa barroca na que se pode escoitar o propio órgano interpretando a Fantasía de J.S. Bach. O tema foi gravado no concerto inaugural da restauración do órgano no 2004. Despois da visita da casa natal de Curros ou Celso Emilio, a guía propón escoitar Un adios a Mariquiña, poema musicado de Curros.

Mondoñedo, a capela musical da Catedral

No recorrido por Mondoñedo destaca a visita á Catedral e un vilancico barroco en galego. Al son soneciño está interpretado con instrumentos orixinais pola capela Jerónimo de Carrión e dirixido por Alicia Lázaro. A viaxe musical por Mondoñedo inclúe Quen poidera namorala musicada por Luís Emilio Batallán.

Paio Gomes Charinho, o primeiro señor de Rianxo

E de Mondoñedo a Rianxo, nesta vila mariñeira destaca Paio Gomes Charinho, 1225, Almirante do Mar. O primeiro señor de Rianxo foi un dos trobadores máis importantes da época dourada da arte en Galicia. O almirante trobador foi autor de vinte oito cantigas. A audioguía ofrécenos a posibilidade de escoitar a interpretación dunha cantiga a cargo do grupo Resonet, canto vocal acompañado da cítola. A peza foi gravada na igrexa do convento de san Francisco de Pontevedra, a poucos pasos do precioso sartego de Paio Gómez no 2006.

Pontevedra, 1904 o primeiro disco galego

A proposta de percorrido por Pontevedra inclúe unha exhaustiva visita ao casco vello desta localidade. O Coro Aires da Terra que no 1904 gravou o primeiro disco galego é un dos grandes protagonistas. Na autoguía pode escoitarse ademais a peza de Manuel Quiroga Danza Espagnola para violino e piano.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies