A campaña “Sóache Galicia” posibilita visitar catro localidades con Audioguías

Soache Galicia
Baixo o título “Sóache Galicia” ofrecemos este verán unha nova forma de coñecer as localidades de Celanova, Pontevedra, Rianxo e Mondoñedo: a visita musical.

É un servizo gratuíto de audioguías en MP3 con explicacións en tres idiomas, Galego, Castelán e Inglés. Os visitantes poden percorrer os seus cascos históricos e os enclaves máis destacados desde o punto de vista do patrimonio musical.

As Audioguías, a disposición nas oficinas de información turística destes concellos, supoñen unha alternativa ás guías turísticas en papel. Nelas, a propia cidade convértese nun museo ao aire libre. Tan fácil como pulsar “Play”, escoitar as explicacións e comezar a visita.

“Sóache Galicia” ofrécenos unha viaxe sonora polas localidades. Este novo produto turístico é un proxecto de Ouvirmos para a Dirección Xeral de Turismo, e conta ca colaboración dos concellos implicados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies