Os XXXI Premios da Crítica de Galicia galardoaron, na súa categoría musical, a colección de libros-disco “A Tiracolo”, que reedita os primeiros discos galegos nun formato de máxima calidade e acompañados por un estudo histórico. O xurado recoñeceu a “novidade da formulación editorial desde o punto de vista discográfico, a posta en valor da historia musical galega e a recuperación do patrimonio musical” da proposta de Ouvirmos.
A colección “A Tiracolo” conta xa cunha ducia de libros-discos editados, dispoñíbeis na web de Ouvirmos e nos puntos de venda habituais.