Ouvirmos foi a encargada de seleccionar os poemas musicados que ilustran a exposición Curros Enríquez. Nación, liberdade e progreso, que percorre a nosa xeografía dende a súa inauguración, o 25 de abril, na Coruña. Varios paneis xigantes transmiten a importancia literaria, social e política do escritor de Celanova, acompañados por unha ducia de poemas seleccionados, restaurados e dixitalizados por Ouvirmos, entre os que se atopan temas tan significativos para a nosa identidade musical como Unha noite na eira do trigo, interpretada pola orquesta Los Satélites, ou o Ahi ven o maio, de Luís Emilio Batallán.
A exposición estará tamén en Santiago, Vigo, Ourense e Pontevedra.