Coro Cántigas da Terra. Estampas Coruñesas 1921-1928

Cantigas da TerraO nº 14 da nosa colección de gravacións históricas restauradas, A Tiracolo, recolle os primeiros rexistros do coro Cántigas da Terra, realizados en 1921 e 1928. Entre os títulos recollidos atópanse a primeira gravación do clásico Negra sombra; o Himno a Galicia, que contribuíron a afianzar; e O quer que lle quer, entre outros fitos.

O coro galego folclórico por excelencia xurdiu en 1916 na rúa Panaderas da Coruña, cidade liberal como ningunha outra do país, na que a música ocupaba un lugar preponderante. E será precisamente no Círculo de Artesanos da Coruña onde o autor do estudo central, Xaime López, e un representante do coro presentarán o volume o día 4 de abril, ás nove da noite.

O disco, con 23 temas dixitalizados e restaurados, está xá dispoñíbel no teu punto de venda habitual.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies