A música galega viaxa a Pekín da man de Ouvirmos

Grupo de empresas en Pekín

Representantes de 12 discográficas independentes viaxaron do 22 ao 27 de febreiro a Pekín para coñecer o mercado local da música, establecer contacto cos seus homólogos e presentarse ante os medios de comunicación chinos no Foro da Música hispano-chino organizado polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX), en colaboración coa Asociación de Productores de Música de España (Promusicae) e da Unión Fonográfica Independiente (UFI).

Ouvirmos puido presentar aos medios de comunicación locais e aos programadores a súa experiencia no apartado de Turismo Musical e facer promoción do seu grupo Crema de gaita. A misión comercial serviu, ademáis, para ter unha visión clara do mercado musical chinés, xa que incluiu múltiples visitas a salas de concertos e a estudos de gravación, así como entrevistas con programadores de festivais, distribuidores de contidos dixitais, etc.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies