Cantares galegos é unha novidosa interpretación musical de 17 dos Cantares gallegos de Rosalía de Castro, con instrumentos e sonoridades da época na que Rosalia viviu.
Resonet toma como punto de partida as melodías das cantigas populares nas que a propia Rosalía se puido inspirar. Na voz de Mercedes Hernández, os Cantares gallegos recobran a vida coa que a poeta os soñou mentres tocaba o piano, a guitarra ou a arpa.
Un disco de referencia editado coidadosamente cun libreto de 88 páxinas cos poemas orixinais e as súas traducións a castelán, inglés e francés.